Saturday 18 de May de 2024

Román Rodríguez explica no parlamento os datos de matriculación no colexio Castro Baxoi de Miño


O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades detalla nunha resposta parlamentaria a situación neste curso no centro, tras a baixada de alumnado en Infantil

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, explicou hoxe no Parlamento de Galicia as cifras de dotación docente e matriculación no Colexio Castro Baxoi, en Miño, en resposta a unha pregunta parlamentaria, onde indicou que “todos os informes avalan que conta cos recursos pedagóxicos necesarios para garantir a calidade no ensino”.

Román Rodríguez explicou que aínda que o centro ten máis de 500 alumnos en Infantil, Primaria e ESO, nos últimos anos a distribución por etapas educativas ten variado “principalmente porque por terceiro curso consecutivo hai menos alumnos en Infantil polo efecto non desexado da demografía”. En concreto, referiuse a que este curso hai 33 alumnos menos en Infantil que hai dous cursos e 15 menos que o ano pasado.

O conselleiro recordou que a rateo está establecida en 25 alumnos por aula e os informes técnicos recomendaron que, neste curso, se pasase de seis aulas en Infantil a cinco. En concreto, detallou que en 4ª, con 20 alumnos, hai un aula; en 5ª dúas aulas que teñen 14 e 15 alumnos cada unha, e en 6º, dúas aulas con 17 alumnos en cada unha delas. Indicou, ademais, que, pese a esta tendencia de perda de alumnado, tanto o curso pasado como o actual o cadro docente está por riba do catálogo.